Isaac Ferreira


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2isaacferreira.html

Nome oficial: Isaac Pérez Blanco.
Nome artístico ou pseudónimo: Isaac Ferreira.
Lugar de nacemento: Ferreira do Valadouro. Concello: O Valadouro (Lugo).
Data de nacemento: 8 de marzo de 1946.


Estudos

Sexto de Bacharelato na Academia Galicia, da Coruña, e COU no Instituto Santa Irene, de Vigo.
Non ten estudos universitarios, agás algunha materia aprobada de Xeografía e Historia pola UNED.
Nos cursos 1981 a 1985 estuda lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, onde realiza os catro cursos coa conseguinte reválida e diplomatura.


Actividade cultural

Recibe o Segundo Premio de Poesía Epesa, en castelán, Madrid, 1969.

Escribe poemas en castelán e en galego até o ano 1971.

A partir de 1971 escribirá só en lingua galega.
Escribe poemas, musicados e cantados por Miro Casabella e Suso Vaamonde, 1970 a 1972.
Publica varios poemas en galego, no xornal El Progreso, de Lugo, agosto de 1971.
Segundo accésit no VI Concurso "Breogán" de contos, Centro Galego de Biscaia-Barakaldo, 1973.
Lectura de poemas na emisora de radio La Voz de Vigo, 1974.
Accésit ao mellor poema en galego, Primeiro Concurso de Poesía "Montesol", Vigo, 1974.
Publicación de contos e poemas en programas e revistas de Asociacións Culturais, 1974-1987.
Publica a súa primeira peza de teatro, nos Cadernos da Escola Dramática Galega, 1992.
Dos anos 1992 a 1997 é tradutor de galego na empresa para a que traballa.

Nestes anos, imparte cursos básicos de lingua galega a compañeiros da Coruña e Santiago.
Publicación, con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, do libro CONTOS DO VALADOURO, Vigo, 1998.
Lectura pública de contos en diversas vilas e cidades, desde 1998 até 2002.
Diversas traducións para galego na revista de teatro Casahamlet, da Coruña. Director: Francisco Pillado Maior.
Estrea do seu curto de teatro RITUAL, no Fórum Metropolitano da Coruña, 1999.
Asiste ao I Seminario de escritura de teatro Casahamlet 2001-2002, impartido por Manuel Lourenzo.
Lectura pública da peza teatral NAI BURKA, en Aula Aberta de Casahamlet, 20-XII-2001.
Lectura pública do ensaio "Maxia, medo, teatro", no Foro Teatral Casahamlet, A Coruña, 29-IX-2002.
Publicación de once peciñas teatrais, baixo o título Sagrada Familia, en Cadernos de Teatro, 2002.
Publicación das pezas de Sagrada Familia na edición dixital da Biblioteca Virtual Galega, 2002.
Membro do Consello de Redacción de Casahamlet, Revista de Teatro, desde o nº 5, maio 2003.
Publicación da peza teatral DIQUE DE ABRIGO, en Casahamlet, Revista de Teatro, nº 5, maio 2003.
Publicación da peza DIQUE DE ABRIGO na edición dixital da Biblioteca Virtual Galega, maio 2003.
Asiste ao II Seminario de escritura de teatro Casahamlet, febreiro-xuño 2003, impartido por Manuel Lourenzo.
Publicación do traballo narrativo  "Un país na encrucillada dos tempos", no xornal El Progreso, Lugo, 05-IX-2003.
Publicacións das peciñas teatrais MANTIS RELIXIOSA, LOIRO SOBRE NEGRO, DIARIO DUNHA NENA QUE COÑECEU A MR. HYDE e MORRER EN HYDE, baixo o título In extremis, en Casahamlet, Revista de Teatro, nº 6, maio 2004.
Publicación do traballo de documentación: "Casahamlet Estudio de Teatro-Compañía de Teatro", en Casahamlet, Revista de Teatro, nº 6, maio 2004.
Publicación do traballo de documentación: "Manuel Lourenzo: Obra dramática (Representada, publicada, premiada)", en Insomnes, de Manuel Lourenzo. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña, xuño 2004.
Publicación do conto TEMA LIBRE no xornal La Voz de Galicia, A Coruña, 09-VIII-2004.

Conferencia: "O Valadouro na literatura popular. A memoria reconstruída". V Xornadas Culturais. O Valadouro: Ferreira, Casa da Cultura, 4-XII-2004.

Publicación das peciñas teatrais AS AMIGAS e O PAVILLÓN DAS CINZAS, baixo o título xenérico O pavillón das cinzas, en Casahamlet, Revista de Teatro, nº 7, maio 2005.

Publicación do conto A RAÍÑA E O VENTO no xornal La Voz de Galicia, A Coruña, 26-VIII-2005.

Publicación, con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, do libro CONTOS DO VALADOURO (edición corrixida e aumentada, 306 contos9, Sada, 2005.

Publicación dos textos teatrais A FONTE DO BIDUEIRO, CAZA MAIOR, A FLOR, así como o prefacio "Maxia, medo, teatro", baixo o xenérico A Fonte do Bidueiro, en Caderno Teatral Laiovento, nº 4, maio 2006.

Publicación do monólogo teatral O CERCO DE VILANOVA, en Casahamlet, Revista de Teatro, nº 8, maio 2006.

Publicación do traballo de documentación: "Manuel Lourenzo: Obra". En A noite dos cabaleiros, de Manuel Lourenzo. Alfoz (Lugo): Asociación Cultural O Mundo de Galea. Impresión: Litonor, Santiago de Compostela.

Publicación do traballo de documentación: "Cronobiografía de Manuel Lourenzo: Obra dramática y dirección escénica (1960-2006). En ADE Teatro. Revista de la Asociación de Directores de Escena de España, nº 112, Madrid, octubre 2006.

Conferencia: "Tradición oral e arqueoloxía no Valadouro". Con Manuel Lourenzo. VI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía. Director: Abel Vigo García. Mondoñedo: Seminario Santa Catalina, Aula Losada Quiroga, 15-XII-2006.

Publicación do texto narrativo UN REINO E UNHA BÚSOLA. Como prólogo, en Búsola, Revista editada pola Casa da Cultura do Concello do Valadouro, nº 2. Director: Suso Rubio. O Valadouro, 22-XII-2006. Tamén en edición dixital: www.busola.net

Publicación do traballo de documentación: "Manuel Lourenzo: Tempo de colleita (Obra dramática completa e bibliografía)". En Palabra en acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego, de Roberto Pascual (ed.). Lugo: Editorial Tris Tram, Colección Máscaras, nº 7.

 


Lugares de residencia:


Ferreira do Valadouro, A Coruña, Lugo, Barcelona, Madrid, Vigo, A Coruña. 
Desde o ano 1994, reside en Santa Cruz de Liáns, concello de Oleiros (A Coruña).


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega