Xesús Pisón


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1mlourenzo.html

    Nace no Valadouro, Lugo, en 1954. Aos nove anos trasládase para a Coruña. Iníciase no debuxo e na pintura. Aos dezaseis anos ingresa como actor n´Os Cans Ceibes, grupo xuvenil de Teatro Circo. Nos anos seguintes desenvolve unha variada actividade creadora: exposicións colectivas de pintura, recitais poéticos, publicación de poemas e contos en revistas literarias... En 1980 escribe a súa primeira obra de teatro, que se publica nos Cadernos da Escola Dramática Galega.
    Desde esa data, e sen abandonar definitivamente os outros xéneros, vaise centrando na escrita teatral, pola que é coñecido na actualidade.
    As súas obras son levadas a escena pola Escola Dramática Galega, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor, Uvegá Teatro, 8díasTeatro, Compañía Casahamlet...
    Ademais, o autor ten publicados diversos ensaios sobre teatro e cultura, realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas de teatro.
    Polos seus traballos recibíu diversos premios literarios. Canto a teatro salientan o Premio de Teatro da EDG e o Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

OBRA TEATRAL PUBLICADA

O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 13, 1980.
O pauto, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 40, 1983.

O rei aborrecido, A Coruña, Castrodouro Teatro, 1984.
“Santuario”, en VV.AA. , Monólogos, Barcelona, Sotelo Blanco, 1987.
Ei Feldmühle, fantasía do Valadouro con vampiros, A Coruña, Deputación da Coruña, 1991.
“Antoine de Lévaillant”, en VV.AA., O camiño das estrelas, A Coruña, Elsinor Teatro, 1993.
“María e Flora”, en VV.AA., O camiño das estrelas, A Coruña, Elsinor Teatro, 1993. “O inmortal”, Agalia, 37, 1994.
Venenos, A Coruña, Deputación da Coruña, 1994.
Viva Peter Pan, A Coruña, AS-PG, Colección Teatro nas Aulas, 2,1995.

“Caricias”, Luzes de Galiza, 26, 1995.
Teatro-minuto, A Coruña, Cadernos de Teatro, 5,1996.
“Vampiro”, Luzes de Galiza, 29,1998.

“Primeira comuñón”, Escaramuza, 4, 1998.
“Tatuaxes”, ed. bilingüe, Art Teatral, año X, 10, 1998, pp. 45-51 e 120-124.
“Tatuajes”, en Vieites, Manuel F., La nueva dramaturgia gallega, Madrid, ADEE, 1998.

“Hamlet 2”, Escaramuza, 3, 1998.
“Hamlet 3”, Escaramuza, 4, 1998.

“Tambores en París”, Escaramuza, 4, 1998.
“Quero ser Hamlet” en Casahamlet, 1, 1999, pp. 22-29.
“O cuarto de Ofelia” en Casahamlet, 1, 1999, pp. 30-31.
“Cabeza de home”, Escaramuza, 5, 1999.

“Crisálidas”, Escaramuza, 5, 1999.
“Terra Xenerosa”, Escaramuza, 6, 1999.
Crisálidas, A Coruña, Cadernos de Teatro, 2ª época, 1, 2000.
“Morte do arponeiro”, Escaramuza, 8, 2000.
“O libro” en VV.AA., O can, o libro e o espello: misterio charentés, Casahamlet, 3, 2001, pp.37-38.
“Venus Podre”, Textos XXIII, Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, 2001.

 “Animal / Vacío”, Textos XXIII, Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, 2001.
“Home e muller preñada”, Textos XXIII, Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, 2001.

“O Gran Soño”, Textos XXIII, Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, 2001.

“Arañeira”, Textos XXIII, Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, 2001.
“Os monstros do Penido Vello”, Arlequín, 2001.
“Irmáns”. Santiago, O Correo Galego,13-5-2001.
“Serpe serpe”, Casahamlet, 4, 2002 pp. 42-45.
“O frío”, Vigo, A Nosa Terra, 1032, 2-5-2002, pp. 7.
Animal/ Vacío, A Coruña, Cadernos de Teatro, 2ª época, 12, 2002.
Os ollos, Lisboa, Edições Tema, 2003.
“Parade de respirar”, Casahamlet, 5, 2003, pp. 56-61.
O milagre de Baíñas, A Estrada (Pontevedra), Edicións Fervenza, 2003.

“Fórmula para a Criatura”, Casahamlet, 6, 2004, pp. 56-59.
“Escena de Lisístrata para Psicosis Gonzalez”, Santiago de Compostela, Galicia Hoxe, 24-3-2005.
“Nocturno do Orzán”, Casahamlet, 7, 2005.
Cóxegas, A Coruña, Cadernos de Teatro Laiovento, 3, 2005.

Noite invadida, A Coruña, Universidade da Coruña, 38, 2005.

“O regreso”, Santiago de Compostela, Galicia Hoxe, 29-3-2007.

“A cloaca”, Santiago de Compostela, Galicia Hoxe, 29-3-2007.

“A túa boneca”, Casahamlet, 9, 2007.

“Peza de Frankenstein”, Casahamlet, 12, 2010.


OBRA ESTREADA


O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo, Alumnos do CP de Ortigueira (A Coruña). Dirección: Xesús Pisón, Ortigueira, Teatro da Beneficencia, 1982.
O rei aborrecido. Compañía Luís Seoane. Dirección: Manuel Lourenzo. A Coruña, Sala Luís Seoane, 1985.
O pauto. Grupo de Teatro Badius. Dirección: Ricardo Vigueret Gil. Baio (A Coruña), 1986.
Ei, Feldmühle! fantasía do Valadouro con vampiros. Escola Dramática Galega. Dirección: Manuel Lourenzo, A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 1992.
O inmortal. Teatro do Alvardán. Dirección: Manuel Lourenzo, Cervo (Lugo), Auditorio de Sargadelos, 1992.
Antoine de Lévaillant, en O camiño das estrelas, con Manuel Lourenzo, Lino Braxe e Flor Maceiras. Elsinor Teatro. Dirección: Manuel Lourenzo, Boiro (A Coruña), Casa da Cultura, 1993.
María e Flora, en O camiño das estrelas, con Manuel Lourenzo, Lino Braxe e Flor Maceiras. Elsinor Teatro. Dirección: Manuel Lourenzo, Boiro (A Coruña), Casa da Cultura, 1993.
Venenos. Uvegá Teatro. Dirección: Manuel Lourenzo. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 1995.
O cuarto de Ofelia. Compañía Teatral Casahamlet. Dirección: Cilha Lourenço e Santi Fernández, Antoloxía III, A Coruña, Forum Metropolitano, 2000.
O libro en O can, o libro e o espello. Misterio charentés, con Manuel Lourenzo e Miguel Anxo Fernán-Vello. Lectura dramatizada. Compañía Teatral Casahamlet. Dirección: Manuel Lourenzo, A Coruña, Portas Ártabras, 15-6-2001.
Tatuaxes. Grupo 8díasTeatro. Dirección: Alberte Cabarcos, A Coruña, Café Leghard, 07- 3-2002.
Viva Peter Pan. Lectura dramatizada. Compañía de Teatro Casahamlet. Dirección: Paulo Serantes. A Coruña, Portas Ártabras, 22-3-2002.
Animal/ Vacío. Compañía de Teatro Casahamlet. Dirección: Manuel Lourenzo, Serra de Outes (A Coruña), Centro social, 20-10-2002.
O milagre de Baíñas. Alumnos do CP de Baíñas. Dirección: Xesús Pisón, Baíñas, Vimianzo (A Coruña), decembro 2002.

Lisístrata para Psicosis González. Aula Aberta Casahamlet. A Coruña, 22-12-2010.
 

ENSAIO
 

“Teatro e subversión”, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 24-4-1994.
“Teatro e salvación”, Vigo, A Nosa Terra, 627, 23-6-1994.
“Só o teatro nos leva ao paraíso”, Vigo, A Nosa Terra, 644, 20-10-1994.

“O coito soñado, investigación sub-realista”, Escaramuza, 5, 1999, pp. 23.
“Con que armas?”, Escaramuza, 6, 2000, pp. 21. “Teorema de Tebas”, Vigo, A Nosa Terra, 19-10-2000.
“O teatro insubmiso na Coruña”, Casahamlet, 2, 2000, pp. 14-15.

“Os Cans Ceibes”, Casahamlet, 2, 2000, pp. 20-21.
“O Clube Teatral Elsinor”, Casahamlet, 2, 2000, pp. 22-23.

“Tres coleccións”, Casahamlet, 2, 2000. pp, 64-65.

“Hesíodo anarquista”, Vigo, A Nosa Terra, 978,15-3-2001.
“Edipo, María e outras máscaras”, Vigo, A Nosa Terra, 08-11-2001.

“Memoria da Esfinxe”, Vigo, A Nosa Terra, 1029,11-4-2002.
“A Hidra”, Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña, 2002.
Memoria da Esfinxe, A Coruña, Manuais Casahamlet, 4, 2003.
“Maelström”, Vigo, A Nosa Terra, 1078, 16-4-2003.
“A man rota”, Vigo, A Nosa Terra, 1174, 5-5-2005.
“Nós·, Santiago, Galicia Hoxe, 2-8-2005.
“Edipo no trisquel”, Vigo, A Nosa Terra, 4-8-2005.
“Hamlet ADN”, Vigo, A Nosa Terra, 1194, 21-10-2005.
“Voces desde a escena”, Grial, 168, Tomo XLIII, 2005, pp. 111- 115.

TRABALLOS ESCÉNICOS, CARTACES E PROGRAMAS DE ESPECTÁCULOS

Traballo de actor no grupo de teatro Os Cans Ceibes, da Coruña, no espectáculo A probiña que está xorda, sobre textos de Rosalía de Castro. Dirección: Xan Cejudo. A Coruña, Academia Atlas, 1970.
Traballo de actor na montaxe de Bautizo, casamento e morte de Andrés, de Manuel Lourenzo. Teatro Circo. (Sen estrear). A Coruña, 1971.
Dirección escénica, deseño escenográfico e de vestiario de O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo, de Xesús Pisón. Alumnos do CP de Ortigueira (A Coruña), Teatro da Beneficencia, 1982.
Dirección escénica, deseño escenográfico e de vestiario de Petición de man, de A. Cekhov. GT. Aguillón. Ortigueira (A Coruña), Teatro da Beneficencia, 1982.
Montaxe de A cova, de Anouilh. Grupo de Teatro Aguillón. (Sen estrear). Ortigueira (A Coruña),1985.
Dirección escénica, escenografía e vestiario de O poeta asasinado, de Otero Pedrayo. GT Aguillón. Ortigueira (A Coruña), Bar Casa Mario,1989.
Deseño de vestiario para Ocasos, de Marguerite Yourcenar e Manuel Lourenzo. Teatro do Atlántico. Dirección: Xulio Lago, Pontevedra, 1991.
Deseño escenográfico para A sensación de Camelot, de Manuel Lourenzo. Teatro do Alvardán. Dirección: Manuel Lourenzo, A Coruña, CP Labaca, 1991.
Deseño e realización escenográfica, vestiario, cartaz e programa de man de Ei, Feldmühle! fantasía do Valadouro con vampiros, de Xesús Pisón. Escola Dramática Galega. Dirección: Manuel Lourenzo, A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 1992.
Deseño de cartaz e programa de man de A doncela guerreira, de Rafael Dieste. Compañía de Teatro Casahamlet. Dirección: Manuel Lourenzo, A Coruña, Teatro Colón, 1999.
Deseño de cartaz e programa de man de Hamlet e familia, sobre textos de Álvaro Cunqueiro, William Shakespeare e Heiner Müller. Compañía de teatro Casahamlet. Dirección: Manuel Lourenzo, Bergondo (A Coruña), Pazo de Mariñán, 2001.
Deseño de cartaz e programa de man de Animal/ Vacío, de Xesús Pisón. Compañía de Teatro Casahamlet. Dirección: Manuel Lourenzo, Serra de Outes (A Coruña), Centro Social, 20-10- 2002.
Dirección escénica, deseño escenográfico e vestiario de O milagre de Baíñas, de Xesús Pisón. Alumnos do CP de Baíñas, Vimianzo (A Coruña), 2002.
 

ILUSTRACIÓNS DE PUBLICACIÓNS TEATRAIS

Portada de O pauto, de Xesús Pisón, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 40, 1.983. Reproducida en VV.AA., Teatro nas aulas, A Coruña, Vía Láctea, 1985.
Portada de Tráxico á forza e Sobre os males que provoca o tabaco, de Antón Chekhov, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 67,1987.
Portada e ilustración de Forno de teatro fantástico, de Manuel Lourenzo, Sada (A Coruña), Edicións do Castro, 1991.
Portada de Teatro mínimo, de Manuel Lourenzo, A Coruña, Elsinor Teatro, 1992.
Portada de O camiño das estrelas, de Manuel Lourenzo, Lino Braxe, Flor Maceiras e Xesús Pisón, A Coruña, Elsinor Teatro, 1993.
Portada de Venenos, de Xesús Pisón, A Coruña, Deputación da Coruña, 1994.

Portada de A sensación de Camelot, de Manuel Lourenzo, A Coruña, AS-PG, 1995.

Ilustración de “Aniversario de Medea”, de Xesús Pisón, Revista Enclave, 1998.

Ilustración de “Quero ser Hamlet”, de Xesús Pisón, Casahamlet,1, 1999.
Ilustración de “O cuarto de Ofelia”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 1, 1999.

Ilustración de “Os Cans Ceibes” de Xesús Pisón, Casahamlet, 2, 2001.
Ilustración den “O teatro insubmiso na Coruña”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 2, 2001.
Ilustración de “O can, o libro e o espello. Misterio charentés”, de Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Miguel Anxo Fernán-Vello, Casahamlet, 3, 2001.
Ilustración de “Os monstros do Penido Vello”, de Xesús Pisón, Arlequín, 2001.

Ilustración de “Serpe serpe”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 4, 2002.
Portada de Animal/ Vacio, de Xesús Pisón, A Coruña, Cadernos de Teatro 2ª época, 12, 2002.
Ilustración de “Parade de respirar”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 5, 2003.
Portada e ilustracións de O milagre de Baíñas, de Xesús Pisón, A Estrada (Pontevedra), Edicións Fervenza, 2003.
Ilustración de “In extremis”, de Isaac Ferreira, Casahamlet, 6, 2004.
Ilustración de “Fórmula para a Criatura”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 6, 2004.

Ilustración de “Monólogos”, de Natalia Sueiro, Casahamlet, 6, 2004.
Ilustración da portada de Casahamlet, 7, 2005.
Ilustración de “O Miradoiro”, de Henrique Rabuñal, Casahamlet, 7, 2005.
Ilustración da portada de Cóxegas, de Xesús Pisón, A Coruña, Cadernos de Teatro Laiovento, 2005.
Ilustración da portada de Casahamlet, 9, 2007.
Ilustración de “A túa boneca”, de Xesús Pisón, Casahamlet, 9, 2007.
Ilustracións de: “Entender a lagoa da fantasía”, de Xosé A. Neira Cruz, “Disolutos”, de Teresa González Costa, e “Detrás da noticia”, de Gustavo Pernas, Casahamlet, 10, 2008.
Ilustración da portada de Casahamlet, 11, 2009.

Ilustración da portada de Novos autores II, A Coruña, Cadernos de Teatro Laiovento, xaneiro, 2010.

Ilustración de “Servizos” de Eva Ferreira, Casahamlet, 12, 2010.


PREMIOS TEATRAIS


O pauto, Premio de Teatro Breve da Escola dramática Galega, A Coruña, 1984.
Ei, Feldmülhe! fantasía do Valadouro con vampiros, Premio de Teatro Rafael Dieste, Deputación da Coruña, 1991
Venenos, Premio de Teatro Rafael Dieste, Deputación da Coruña, 1994.
Tatuaxes, Premio do Certame Galego Teatro Xuventude, da Xunta de Galicia, 2003, pola montaxe de Nostrum-Cai Teatro.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS BÁSICAS

Fernán-Vello, M. A., “O teatro galego actual”, Grial, 89, Vigo, Galaxia, 1985. pp. 302.

Rabunhal, H., “O rei aborrecido, de Xesús Pisón”, Vigo, A Nosa Terra,1985.
Braxe, L., “O rei aborrecido, de Xesús Pisón: un alento poético”, A Coruña, El Ideal Gallego, 9-2-1985.
Braxe, L., “No Luis Seoane: biquemos a man do rei aborrecido”, A Coruña, El Ideal Gallego, 17-4-1985.
Lourenzo, M., “O teatro de Xesús Pisón”, A Coruña, La Voz de Galicia, 21-4-1992.

J. A. M.S,, “Desdoblamiento creador”, A Coruña, La Voz de Galicia,1992.
Marco, A., “En procura da paz”, A Coruña, La Voz de Galicia, 22-10-1993.
Tarrío Varela, A., Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Vigo, Xerais, 1994.
Vieites, M., “Venenos: unha teoría da esquizofrenia”, Vigo, Faro de Vigo, 3-6-1995.

Villalaín, D., “Venenos: a soidade das parellas”, Grial, 126, 1995. pp. 305-307.

Martínez Sevilla, J. A., “Jardín de éxito”, A Coruña, La Voz de Galicia, 24-5-1995.
Rodríguez, M., "Os venenos de Xesús Pisón triunfan no teatro”, A Coruña, La Voz de Galicia, 13-4-1995.
Vieites, M. F., “Teatro nas aulas, nova colección da AS-PG”, Vigo, Faro de Vigo, 8-10- 1995.
Vilavedra, D., (coord.), “Xesús Pisón” Diccionario da Literatura Galega,1, Vigo, Galaxia, 1995.
Vieites, M. F., Literatura dramática galega, Sotelo Blanco, 1996. pp. 52.
Ragué-Arias, María J., El teatro de fin de milenio en España, Ariel, Barcelona, 1996, pp. 205.
Vieites, M. F., Revista Galega de Teatro, 13, Cangas (Pontevedra), 1996. pp. 103.
Paz Gago, Ch. e Vilavedra, D., “El teatro gallego actual”, Primer Acto, 262, 1996. pp. 22.
Abuin González, A. e Pazó González, N., “El teatro gallego actual en 80 nombres”, Primer Acto, 262, 1996, pp. 34.
Tato, L., Historia da literatura galega, vol. 5, Vigo, AS-PG, 1996.
Vieites, M. F., La nueva dramaturgia gallega, Madrid, ADE, 1998, pp. 134-136.

Vilavedra, D., Do novo teatro á nova dramaturxia, Vigo, Xerais, 1998.
Riobó, Pedro P., O teatro galego contemporáneo, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, Universidade da Coruña, 1999.
Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo, Galaxia, 1999.
Callón Torres, C., “O ambíguo xénero das crisálidas”, Vigo, A Nosa Terra, 23-11-2000.

Lourenço, C. e Vizcaíno, C., Talía na crónica de nós, Ourense, Abano Editores, 2000.
Tato, L., A literatura galega desde 1936 ata hoxe: poesía e teatro, A Coruña, Hércules de Ediciones, 2000.
Gran Enciclopedia Gallega, tomo 35, Pisón Villlapol, Xesús, 2001.
Revista Galega de Teatro, 2ª época, 27, Xesús Pisón. Valadouro, 1954, Vigo, 2001.

V.V.A.A., Lingua e literatura, 2º bacharelato, Vigo, A Nosa Terra/AS-PG, 200 1.

V.V.AA., Literatura galega século vinte, Vigo, A Nosa Terra, 2001.
Tato Fontaíña, L., “O teatro galego desde 1939”, en VV.AA., Galicia: Literatura, tomo 33, A Coruña, Hércules Edicións, 2001.
Callón Torres, C., “As innovacións de Xesús Pisón na literatura dramática galega”, A Coruña, Casahamlet, 4, 2002. pp. 64-67.
Montoto, V., “Xardín dos venenos”. A Coruña, La Voz de Galicia, 24-6-2002.

Lourenço, C., “Punto de Inflexión”, A Coruña, La Voz de Galicia, 24-5-2002.
Pazos, M., “As relacións humanas que narra Xesús Pisón”, A Coruña, La Voz de Galicia, 24-6-2002.
Franco, C., “Os directores arriscan pouco”, en VV.AA., Crítica e autoresII, A Coruña, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia, 2002, pp. 561-565.
Ministerio de Cultura. cnice. Teatro de hoy, Xesús Pisón. Madrid, 2003.

Artez, Revista de las Artes Escénicas, Os ollos, Bizkaia, 2003.
Martinez Sevilla, J. A.,”Obra polimórfica”, A Coruña, El Ideal Gallego, 17-3-2003.

López, A., “Aniversario de Medea de Xesús Pisón, 2000”, en Aurora López, Andrés Pociña, eds., Medeas. Versiones de un mito desde Grecia hasta hoy, vol. I, Granada, Universidade de Granada, 2003, pp. 114-116.
Vieites, M. F., “Denuncia da dominación”, A Coruña, La Opinión, 30-10 -2004.

Dans, R., Confesións dun practicante, Lugo, TrisTram, 2005, pp. 157, 158.

Maré, “Teatro na procura da pel”, Santiago, Galicia Hoxe, 2-8-2005.

Rabuñal, H., “Teatro Pisón”, prólogo a Noite invadida, A Coruña, Universidade da Coruña, 38, 2005, pp. 8-28.
Vieites, M. F., “De estudos e textos dramáticos”, Vigo, Faro de Vigo, 17-11-2005.
Ferreira, I., “Maxia, medo, teatro”, en A fonte do bidueiro. A Coruña, Cadernos de Teatro Laiovento, nº 4, 2006, p. 9.
Fernández Castro, X.M., Aproximación a las últimas dramaturgias gallegas, Madrid, ADE, 2006, pp. 92-93.
Abuín González, A., Poioumenum, impersonajes y otros territorios del diálogo teatral en los 90, Madrid, ADE, 2006, p. 104.
García, R., “Entrevista Xesús Pisón”, A Coruña, La Voz de Galicia, 3-11-2006.
Becerra de Becerreá, A., Dramaturxia Teoría e práctica, Vigo, Galaxia, 2007, pp. 80, 81.
Viscaínho Fernandes, CC, A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral, A Coruña, Laiovento, 2007, pp. 143, 144, 302, 303, 358, 367, 368, 388, 486, 488, 496, 535, 561, 562, 569, 583.
Rabuñal, H., “Amor e teatro”, A Coruña, Casahamlet, 9, 2007, pp. 12-13.
Vieites, M. F. (Coord.), Cento vinte e cinco anos de teatro en galego, Vigo, Galaxia, 2007, p.217.
Luna Sanmartín, X., No pazo de Laiovento, conversas con Francisco Pillado Maior, A Coruña, Espiral Maior, 2007, pp. 135, 139, 161, 316.
VV.AA., O teatro de Xesús Pisón, A Coruña, Casahamlet, 11, 2009.
Callón, C., “Unha escena sen armarios”, A Coruña, Galicia Hoxe, 14-9-2009.

Vieites, M. F., “Cos pés na terra. Construíndo Xesús Pisón”, Vigo, Faro de Vigo, Suplemento Faro da Cultura, 14-1-2010.



[Xaneiro, 2011]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega