Xavier Rodríguez Barrio


 

Obras
Autobiografía
Novidades
 
Eventos e novidades

• XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense

Calado testamento, de Xavier Rodríguez-Barrio, gañou a XXVII edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xuri estivo integrado por Miguel Anxo Fernán-Vello, editor de Espiral Maior; Soedade do Muíño, profesora de Lingua e Literatura galega; Fernando de Castro Blanco, membro do Grémio Literário de Vila Real e o poeta ourensán Edelmiro Vázquez Naval.
O volume divídese en tres partes. A primeira, 'En brazos da súa sombra', é o balance do amor, un diálogo sobre as vivencias amorosas, mentres a segunda, 'Tan inhóspita luz', adquire un carácter máis negativo ao reflectir xentes e situacións de Galiza. Finalmente, a terceira parte, 'Ningún regreso', amosa unha conversa coa familia, a que está e a que xa se foi, e co tempo que non regresa.
O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do libro en Espiral Maior nos vindeiros meses, no que o autor espera contar co prólogo de Darío Xohán Cabana.


 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega