Acerca do rio Miño: tres anos de traballo galaico-minhoto para alén das fronteiras políticas

 

[Texto íntegro]

 

v2adelafigueroaacercadoriominho.html



Introdución

     Desde o ano 2000, un grupo de profesoras galegas de aquén e além Minho vimos desenvolvendo un trabalho interdisciplinar acerca do "Noso Rio" común, o Pai Minho, con alumn@s de ensino secundario.
     O obxectivo desta iniciativa, que partiu, no inicio, da Profesora Rosa Almeida de Valença do Minho, de Química, era, nun principio, o coñecimento do estado do rio tanto na sua embocadura no mar, como no nascemento.



O proceso

     Ao que parece foran os propios estudantes de Valença os que demandaron o estabelecemento dunha relación, para conheceren os lugares onde o "seu" rio nasce. Desde o noso ponto de vista, resulta mui curioso o concepto que en Portugal se ten acerca das nascenzas do Minho. Nos seus libros de Xeografia figura como que o rio nasce nos Montes Cántabros, e asi é como é coñecido por todo o mundo, lá naquelas terras, profesoras/es, estudantes e xente en xeral. Polo tanto, a existencia de "Fon Miñá" ou do "Pedregal de Irimia" lugares que para nos os galegos teñen tanta importancia, para os portugueses son descoñecidos.
     No primeiro ano desta experiencia educativa, centrouse o tema no mútuo coñecimento das duas Escolas secundarias. Houvo encontro dos estudantes, en Lugo e Valença, con exposicións dos mútuos trabalhos, e, por suposto, visita ás fontes do rio, e á sua embocadura.
     No segundo ano de trabalho, pareceu interesante introducir alguén da parte media do rio, e así contactouse con Ourense. Os que responderon ao noso chamado, profesoras do IES Otero Pedraio incorporáronse mui activamente ao proxecto. Eles fixeron un estudo do rio ao paso por Ourense desde diferentes ángulos de vista. Os participantes dos tres centros de ensino encontráronse en Ourense para expor os seu trabalhos, discutilos e confraternizar.
     Xa no terceiro ano do trabalho, en que nos encontramos, continuouse co estudo do rio e da sua bacia relativamente aos diferentes tramos correspondentes a cada centro de ensino. Os participantes encontráronse en Valença no pasado mes de Marzo, onde pasaron unha agradable xornada, con apresentación de trabalhos, xogos populares, recital poético e musical. Comida campestre e paseio pola Fortaleza. Non faltou a visita ao lugar onde o rio se entrega ao mar, na praia de Caminha que coincidiu cunha espectacular posta de sol deitandose no mar. Naquel oceáno límpido e calmo non podíamos crer que as costas galegas, só a poucos kilómetros ao norte, estaban lixadas pola maldición do fuel, ou que no Iraque estábase perpetrando a ignominia dunha invasión.



Os trabalhos

     No primeiro ano, no inicio, o traballo en Lugo foi conducido pola profesora Carmen Lence con alunas/os do Ciclo Formativo de Técnicas de laboratorio (grado medio) nas aulas de microbioloxia. Fíxose un estudo do rio ao seu paso por Lugo, desde diferentes pontos de vista: Estudo da contaminación a partir de análises microbiolóxicos, en colaboración coa Delegación de Sanidade. A depuración das augas que entran e saen da cidade, a partir do estudo do funcionamento da Potabilizadora e da Depuradora de augas residuais en colaboración cos funcionarios responsables das mesmas. Ordenación e proxectos urbáns no rio ao seu paso pola cidade, a partir do estudo do PEPRIM, en colaboración con técnicos e funcionarios do Concello, que facilitaron todo tipo de información e atención.
     Pola parte portuguesa, nesta etapa, os traballos centráronse en analisar o estado de contaminación, concretamente, o grado de eutrofización das augas ao seu paso por Valença, relacionádoo cos cambios nos usos das terras e na mudanza das prácticas agricolas.
     No segundo ano, curso 2001/2002, entra Ourense, polo tanto o estudo se vai ver mais completado e a visión do rio vai ser mais global.
     As profesoras participantes,pensamos que seria interesante centrarmonos nun tema de referencia como os usos do rio, ainda que repetindo algúns dos temas anteriores, para procurar algun dato concluinte. Por exemplo, os dous invernos foran mui diferentes en cuanto á chuvia caida: No 2000/01 choveu muitisimo, rexistrándose cheas importantes, mentras que en 20001/2 choveu mui pouco, o que tiña que afectar aos resultados de contaminación e, sobre todo, aos de eutrofización das augas, por causa dos adubos alastrados ao invadiren estas os terrenos de labor. Tamén o diferente rexime pluviométrico incide na eficacia das potabilizadoras e depuradoras, que se ven afectadas polo nivel das augas.
     Con relación ao tema de conxunto, en Lugo, os estudantes traballaron en diferentes temas  como os Parques das beiras do rio ao seu paso pola cidade. Os muiños destruidos, restaurados, e en funcionamento activo. A circulación xeral das augas na cidade, relacionándoa cos tempos históricos (acueductos, romano e medieval, fontes e nacencias na cidade, etc). As augas termais, balneario de Lugo. A pesca, un estudo do rio desde Belesar até Lugo, entre outros.
     Para estes traballos contouse coa colaboración de case todas as entidades públicas: Concello, Deputación, Sanidade, Consellerias de Pesca, Agricultura e Medio Ambiente, Delegación de Lugo, onde os estudantes foron recabar información.
     En Ourense, o grupo de traballo estudaron a evolución da cidade con relación ao rio. Como se fora conformando o burgo primitivo á volta das fontes termais das Burgas e, posteriormente, como a cidade se foi desplazando conquistando as beiras do rio, e englobando bairros como o da ponte. Esto acompañado dun estudo das diferentes pontes ata chegar ás seis actuais. Esto foi exposto através de diferentes traballos en que se estudan as orixens e evolución das Termas, a evolución da cidade de Ourense, as diferentes pontes desde a medieval ata a do milenio, a chegada do tren e as pontes. Tamén en Ourense contouse coa colaboración dos diferentes organismos oficiais para a realización dos traballos.
     O grupo de Valença traballou desde as áreas de Química e de Economia, por cuanto relacionaron o grao de contaminación das augas, químico e de eutrofización cos diferentes usos agrícolas e as mudanzas nas actividades industriais desde as tradicionais agrícolas até as actuais en que a agricultura perde peso, con relación a outras. Tamén en Valença estudaron as augas termais asociadas ao rio como as de Melgaço. Contaron coa colaboración da Cámara municipal , entre outros organismos oficiais.
     Neste terceiro ano, os traballos tomaron outras direccións. Se ben continuamos co rio como linea conductora, introducimos as suas áreas de influencia. Así en Lugo, todos os traballos que se realizaron referenciáronse á recentemente declarada Reserva da Biosfera "Terras do Miño". Desta maneira, introducíronse temas como o estudo das Lagoas da Terra Cha, a Paisaxe Ecolóxica, os Muiños e aceñas, a Pesca, o proxecto de construcción dunha presa no Narla, e outros como un estudo global dos encoros do rio Miño, producción eléctrica e características medioambientais dos mesmos.
     Aproveitamos para dicer que Terras do Miño é xestinado polo INLUDES, instituto dependente da Deputación provincial. Nun principio negáronse a facilitar información aos alumnos que alí a foron buscar. Dixéronlles que non era pública. Posteriormente, a través de contactos persoais, algúns dos traballos pudéronse realizar utilizando algunha información fornecida desde a institución. Como en anos anteriores procurouse axuda das institucións públicas ou asociacións privadas como ADEGA.
     En Ourense centráronse na toma de auga da cidade, desde o rio Barbaña, afluente do Miño, estudando o seu estado de contaminación desde diferentes pontos de vista (bioindicadores, flora e fauna asociadas, etc), funcionamento da potabilizadora e depuradora, características xeomorfolóxicas da bacia do Barbaña, flora e fauna ribeiriña, etc.
     En Valença, este curso, fixeron un estudo multidisciplinar do rio ao seu paso pola rexión. Economia, Historia, Etnografia, Medio Ambiente, Música, Lingua portuguesa. Inclusivamente Lingua inglesa. Ese estudo foi feito a través de múltiples traballos como As acenhas, comparándoas coas que se encontran en Irlanda, a economia da auga, a contaminación das augas na cidade, etc, intercalado con poesias relativas ao rio, feitas, na sua maioria, polos estudantes participantes .
     Como se explica estes traballos foron sempre apresentados polas/os alun@s que os fixeron, facilitándose un convivio entre grupos de estudantes de diferentes lugares. No caso deste ano, no fin das apresentacións, cerrouse o acto cun recital poético contra da guerra-invasión do Iraque, feita polo grupo de Lugo. Aproveitouse tamén para expor dous paneis relativos á cadea humana dos estudantes galegos de secundaria na Costa da Morte, feita este inverno, na que tiñan participado os que asistian ao encontro (entre outros), e facer a necesaria referencia ao desastre ecolóxico e económico derivado do afundimento do Prestige frente á costa galega. Os compañeiros de Valença interpretaron unha cantiga sobre o Rio Minho, reinvidicativa, contra os encoros, e a perda de vida do rio, na que participaron profesores a alun@s.



Conclusión

     Nesta actividade existen varios pontos a considerar, como positivos: O encontro de estudantes de diferente procedencia, realizando un traballo común, visto desde unha interdisciplinariedade, e pluridisciplinariedade.
     A exposición pública dos seus traballos, aprender a expresarse e a escoitar en público, vencendo falsas inibicións, e utilizando soportes como transparencias ou powerpoint, maquetas, etc, para facilitar a sua exposición. Todos os traballos foron sempre acompañados dun panel, que fica en exposición itinerante entre os tres centros, de maneira que vale de lembranza e recordatorio do traballo feito.
     O convivio é sempre positivo, axuda a romper falsas fronteiras, e a facilitar a intercomunicación de dous povos que levan muito tempo de costas viradas.





Nota:

No presente curso 2003/04, realizouse o "IV encontro de estudantes Galaico-Portugueses" en Lugo, coa nova participación da Escola Secundaria de Vila Nova da Cerveira.
O ritmo de traballo foi semallante ao descrito acrescentándose mais novas aportacións dos estudantes de Lugo, Ourense e Vila Nova da Cerveira. A nova Professora incorporada é Ana Pinto.
O resumo deste encontro foi apresentado no Congreso Internacional do Rio Minho, en Melgaço:
Por Uma Nova cultura da Água, a principios do mes de Xuño-04.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega