Galicia no corazón

Páxina Anterior

Fragmento:"E vai de topónimos"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Sempre que se fala das falcatruadas que a cotío se fan coas nosas toponimias sale a relucir a xa famosa cometida co nome do centro oleiro ourensán de Niñodaguia.
     Mais, en punto a desbarates dista clas, abondan os topónimos galegos escangallados polos castelanizadores ignaros que lle van a mau ó Niño de la Guía e, si non lle ganan por puntos, algús empátanlle.
     Hoxe mismo  —na data heroica da resésiga xesta madrileña do Parque de Monteleón— co gallo dun suceso desgraciado que causou a morte dun cativo, saíu a relocir nos xornaes o lugar do suceso co alcume da Haciadama, con hache e todo.

     Así, á primeira ollada, parece como si naquil paraxe de perto da Cruña e non moi alongado do flamante aeródromo de Alvedro —que miragrosamente salvóu o seu enxebre nome cando tan lindo resultaría traducilo por Alviejo. ¡Al viejo, ché!— vivise unha velida dama en precura da cal fose un cabaleiro andante a lle render parias dun ardente amor.

     Pero a vida é mais prosaica que todo eso e onde os poetas ou os malos traductores, sinónimo de traidores, ven unha dama, a realidade pon unha muiñeira. Que niste caso concreto tampouco é a danza tan desfeita e titiritada polos bailarís distes tempos de tanta presa, senón a muller do muiñeiro.
     Do muiñeiro que estaría ó coidado da acea. E ben sabido é que unha acea non é mais que un humilde muiño. E a toponimia que nos levou a todas estas lerias, chamábase, denantes da falcatruada ACEA DA MA.
     Que de Acea da Má poidera sair ise Haciadama é un misterio que lle brindo ós filólogos e ós etimoloxistas sabedores destas cousas, porque o meu probe saber non chega a tan fondos arcanos.
     E xa que estamos perto da Cruña podémonos chegar á «vella cidade» na que nos atoparemos cunha rua chamada hoxe de Caballeros.
     ¿E sabedes de onde lle veu isa nomedada á tal rua? Non certamentes de que nela viva un gran cabaleiro e ardido defensor da nosa lingua, como Leandro Carré, senón a consecuencia dos fondos conocementos lingüísticos dos ediles cruñeses que, xa fai anos, coidaron que caballeros era a traducción castelán de alcabaleiros, que era como denantes se chamaba. Como non fose por aquelo de contraria contrariis latino.
     Ainda se podería falar outra vez desas Portas da Aira ou eire, tan abondosas en Galicia e todas elas trabucadas en Puerta de Aire. E das Pontes, que levan camiño de se quedaren en Puentes, e desas jotas odiosas e imposíbeles de llas arrincar a Coruxo e Sanxenxo.
     Máis agardemos a que algún día a cousa adequira concencia popular, a que Galicia desperte do seu sono e podia que pra entón nos quedemos sin tema os que con tanta teima como falla de fortuna levamos anos e anos insistindo níl.


(La Noche, 8-5-64)

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega